sábado, 25 de enero de 2020

PRESENTACIÓN PECHA-KUCHA

Presentación Pecha-Kucha

Ola a todos!


Hoxe estou aquí con outra tarefa máis sobre o meu negocio, cada día avanzamos máis no noso proxecto
 e teño a sensación de que vai ben encamiñado. Isto fíxeno cos meu compañeiro Hugo Pérez
aquí vos deixo o enlace ó seu blog


Aínda que xa o dixen antes, o noso negocio Médico-Paciente é basicamente unha aplicación para 
manter o contacto cos teus médicos e que non te esquezas nunca máis dunha cita . Na presentación  
tócanse múltiples temas relacionados co negocio, igual que en tarefas anteriores como o mapa de 
empatía, o mapa da proposta de valor, etc.


A presentación non é que teña nada de novo, para que mentir. Non deixa de ser unha clásica 
presentación de Google. Colocamos unha diapositiva por cada tema concreto, buscamos as imaxes que 
pensabamos que eran máis axeitadas e colocámolas. Tendo en conta que a maioría son de Google, 
buscamos de cada unha a web na que se albergaba, o título, autor e, por suposto, a licenza. Colocamos 
estes datos e os comentarios do que queremos explicar en cada unha das diapositivas na parte de 
"Notas de orador" e así rematamos.


As notas están pensadas para que sexan lidas nuns 20 segundos, xa que se nos pide que a presentación 
esté nun formato Pecha-Kucha (20 diapositivas por 20 seg. cada unha)


Esperamos que vos guste:




 
Aquí vos deixo a mesma presentación pero en drive




  


 https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1148431/veintiun-personas-ingresan-seguridad-social-galicia-cada-100-edad-abandonar-mercado-laboral























No hay comentarios:

Publicar un comentario